CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

O primeiro Ferrari do mundo revestido de carbono foi realizado por unha empresa de Nigrán

Publicado o 15/09/2018 14:07

É o primeiro Ferrari do mundo revestido en carbono e fíxose aquí en Galicia, concretamente por unha empresa establecida no polígono Porto do Molle de Nigrán. Encargouno un cidadán alemán, que pagou máis de 900.000 euros.

É un Ferrari 488 GTB de edición limitada dos que só hai 11 no mundo. O que fai especial é único a este coche é que é o primeiro do mundo revestido en carbono azul metalizado. Este coche leva o selo de feito en Galicia, concretamente en Nigrán.

O vehículo é dun cliente alemán que elexiu a cor, as llantas ou os focos. Os discos de feo tamén son de carbono. Para conversión deste Ferrari traballaron catro persoas durante un mes. Primeiro co desmontaxe do coche, marcando peza a peza para revestilas en carbono.

A empresa xa ten carteira de pedidos ata abril do ano que vén. Un Lamborghini Centenario ou un Mercedes AMG G63 pasarán por estas instalacións. O prezo do Ferrari é de máis de 900.00 euros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí