CRTVG

Buscar

O primeiro caso de covid en España diagnosticouse na illa canaria da Gomera fixo onte un ano

Publicado o 01/02/2021 08:56

Este domingo fixo un ano que se diagnosticou o primeiro caso de covid-19 en España. Foi un turista alemán que acababa de chegar á illa canaria da Gomera cuns amigos. Estiveron 14 días illados e só el deu positivo. Contaxiouno unha compañeira de traballo que chegara de Wuhan. O 31 de xaneiro de 2020, 21 españois foron repatriados desde esa cidade chinesa.

Noticias web

01/02/2021