O prezo medio da luz sobe hoxe un 3,2 % despois dunha semana estabilizado
Publicado o 21/10/2021 09:47

O prezo da luz vai subir este xoves algo máis dun 3 % e chegará case aos 208 euros o megawatt. A pesar desta lixeira suba e de estar aínda en niveis moi altos, o prezo da electricidade conseguiu estabilizarse esta semana. É a primeira vez en que non se encadea un récord tras outro. En concreto, este xoves o prezo máis alto darase entre as 8 e as 9 da noite, e o máis barato entre as 3 e as 4 da tarde.