CRTVG

Buscar

O prezo dos carburantes toca máximos do que levamos de ano en plena Semana Santa

Publicado o 20/04/2019 14:29

O prezo medio do litro de gasolina encadeou esta semana a súa décimo cuarta suba consecutiva. Custa case un trece por cento máis que a principios de ano.
Entre os condutores, resignación e indignación a partes iguais. Están afeitos a estas oscilacións á alza nos prezos dos carburantes en datas nas se prevén desprazamentos masivos por estrada.
Encher o depósito de gasolina é cinco euros máis caro que na Semana Santa do ano pasado, cinco euros e medio no caso do gasóleo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019