CRTVG

Buscar

O prezo dos carburantes sobe máis dun 14 % no que vai de ano

Publicado o 24/06/2021 21:46

O prezo dos carburantes segue disparándose en España. Na última semana encareceron un 0,56 %, e recuperan valores que non viamos dende había anos.

O prezo da gasolina encadea a cuarta suba consecutiva, ata situarse en case 1,4 euros por litro, un prezo que non viamos desde outubro de 2014. Sobe tamén o gasóleo: esta semana rexistra a súa novena repunta, ata os 1,2 euros o litro, un nivel que non se alcanzaba desde había dous anos.

No que vai de ano, a suba supera xa o 14 %, e o 22 %, se comparamos coas cifras do ano pasado. Con todo, os prezos dos carburantes en España mantéñense por debaixo da media europea, porque a presión fiscal segue sendo menor. 

Noticias web

24/06/2021