O prezo dos carburantes segue en máximos; o sector pide unha baixada de impostos
Publicado o 17/08/2021 11:01
O prezo dos carburantes segue marcando máximos. Este agosto, coa mobilidade disparada polas vacacións, encher o depósito sae ata 15 euros máis caro ca o ano pasado: uns 78 euros o de gasolina e 70 o de gasóleo.
Dende as estacións de servizo din que eles tamén se ven prexudicados pola suba dos prezos porque teñen a mesma marxe de beneficio, tamén mercan os carburantes máis caros, e a xente intenta gastar menos. Piden unha baixada de impostos, como fixo o Goberno co IVE da luz.