CRTVG

Buscar

O prezo dos carburantes non dá tregua durante a ponte festiva

Publicado o 13/08/2021 15:29

En pleno inicio da operación ponte de agosto, a gasolina véndese a unha media de 1,4 euros o litro, situándose en niveis que desde 2013 non se rexistraban nun mes de agosto. O gasóleo custa 1,2 euros, o máis caro desde hai 7 anos.

Chega a ponte do 15 de agosto, os días de máis movemento vacacional do ano, e sobe o prezo dos carburantes. O prezo da gasolina volveu subir esta semana un 0,2 % e sitúase en niveis de 2013.

Con estes prezos, que con todo están por debaixo da media de Unión Europea, encher un depósito medio de 55 litros con gasolina custa uns 78 euros, uns 14 euros máis que hai un ano. Se é con gasóleo, custa case 70 euros.

 

Noticias web

13/08/2021