O prezo dos carburantes está en máximos, coa gasolina por riba dos 1,5 euros/litro
Publicado o 10/08/2021 15:01
Segue subindo o prezo dos carburantes. Encher o depósito custa, de media, 14 euros máis que hai un ano. O prezo da gasolina está en máximos e nas últimas horas superou o euro e medio por litro, unha cifra que nunca se vira na cidade olívica. E esa é a tendencia.
Os prezos dos carburantes seguen subindo e continúan nos niveis máis altos da última década. O gasóleo custa de media un euro con 20 céntimos o litro. Encareceu un 20 % no último ano e a gasolina aínda máis, un 22 %. Está nun euro con corenta.