CRTVG

Buscar

O prezo do petróleo supera os 85 dólares por primeira vez dende 2018

Publicado o 18/10/2021 12:16
O prezo do petróleo supera os 85 dólares por primeira vez dende 2018

E ao prezo da luz súmase tamén o encarecemento do petróleo. O barril de Brent segue coa tendencia alcista e hoxe subiu un 0,8 %. Supera os 85 dólares o barril, por primeira vez dende hai tres anos, co consecuente impacto nos carburantes. O ascenso débese á forte demanda e á negativa dos principais produtores a acelerar o bombeo.

Noticias web

18/10/2021