O prezo do alugueiro de vivendas en Galicia segue á alza malia a pandemia
A escalada de prezos da vivenda en alugueiro en Galicia continúa e de feito subiu un 20 % nos últimos dez anos e disparouse esa alza ata o 31 % nos últimos 5. A pandemia freou esa ascensión de prezos e no último ano o custo só aumentou un 4 %. Galicia non é unha excepción no conxunto de España, xa que os prezos subiron a nivel estatal nos últimos 5 anos un 41 %, dez puntos máis que na nosa comunidade.
O encarecemento do prezo do alugueiro en Galicia varía segundo a cidade onde vivamos. Vigo está á cabeza da suba nos últimos 5 anos, un 41 %, seguelle Lugo cun 35%, A Coruña cun 30 % e Santiago cun 28 % de suba no último lustro. A tendencia á alza parece estabilizarse coa chegada da pandemia, no último ano só subiu un 4 %
Os galegos pagaban de media en xuño de 2016 por alugar un piso duns 80 metros cadrados uns 449 euros ao mes, fronte aos 587 euros de xuño deste ano, segundo os datos do portal Fotocasa. Uns prezos que para moitos parecen inasumibles.
Uns prezos que soben en toda España, Cataluña e Madrid as rexións máis caras aumentaron un 37 % e 28 % o prezo do metro cadrado. Ante o cambio de tendencia en 2021, os prezos seguirán aumentando, pero a un ritmo máis lento que nos últimos anos.