CRTVG

Buscar

O prezo do aloxamento rural en Galicia cae un 2,8 % en marzo

Publicado o 04/05/2021 10:19
O prezo do aloxamento rural en Galicia cae un 2,8 % en marzo

O prezo do alugueiro dunha casa rural descendeu un 2,8 % en marzo na comunidade autónoma de Galicia en comparación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola contra, no caso de España, o prezo medio dos aloxamentos rurais aumentou no mesmo mes un 1,22 %.

As cifras reflicten grandes diferenzas por comunidades: A Rioxa (+11,7 %), Baleares (+7 %), Andalucía (+6,4 %) e Murcia (+5,7 %) anotáronse as maiores subidas, mentres que as Canarias (-5,6 %), Asturias (-4,9 %), o País Vasco (-3,2 %), Galicia (-2,8 %) e Castela e León (-2,1 %) rexistraron baixadas.

Segundo o INE, os prezos do aloxamento turístico en zonas rurais incrementáronse máis entre semana (+2,3 %) que durante a fin de semana (+0,5 %).

Ademais, os alugueiros de casas completas encareceron un 2,9 % en marzo, en contraste coa caída do 3 % rexistrada no prezo do alugueiro por cuartos.