CRTVG

Buscar

O prezo da vivenda sobe un 6,7%, a taxa máis alta nos últimos dez anos

Publicado o 08/12/2017 09:50

A última radiografía do prezo da vivenda dinos que continúa subindo. Atendendo aos datos polo miúdo, o incremento foi dun 6,7 por cento neste terceiro trimestre, sempre con respecto ao mesmo período do ano anterior. 

En Galicia este incremento tradúcese en dous puntos. Son datos do Instituto Nacional de Estatística, que tamén incide en que é a taxa máis alta da última década, sumando catorce trimestres á alza. 

Nas inmobiliarias recoñecen as cifras, o período optimista e as boas opcións para mercar. Aínda así inciden en que as cifras sempre hai que collelas con certo tino. Sobre todo as medias aritméticas, porque as cousas mudan moito dunha cidade a outra.

Axentes e investidores coinciden en que hai ofertas e prezos moi interesantes no mercado. Impulsado por un mellor financiamento bancario, fan que este sexa un bo período para mercar, tanto por necesidade como para os que buscan facer investimentos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2017