CRTVG

Buscar

O prezo da vivenda en alugueiro baixa un 1% en maio en Galicia e en España

Publicado o 16/06/2020 11:03
O prezo da vivenda en alugueiro baixa un 1% en maio en Galicia e en España

O prezo da vivenda en alugueiro baixou un 1 % en maio en Galicia e incrementouse un 7,1 % respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos do portal inmobiliario Fotocasa.

O valor sitúase en 7,07 euros por metro cadrado de alugueiro mensual en maio e é o primeiro descenso mensual (-1 %) e a quinta subida interanual (7,1 %) deste 2020.

En España, o prezo da vivenda en alugueiro baixa un 1 % na súa variación mensual e sobe un 9,8 % na súa variación interanual, situando o seu prezo en 10,91 euros por metro cadrado en maio.

Este valor de maio é o primeiro descenso mensual (-0,1%) e o quinto incremento interanual (9,8%) deste 2020.

Dez comunidades autónomas presentan datos mensuais negativos en maio de 2020. Na Canarias, cun descenso do 2,3 %, é onde máis baixa de prezo.

Respecto ás comunidades autónomas co prezo das vivendas máis caras para alugar, nos primeiros lugares atópanse Madrid e Cataluña, cos prezos de 15,39 euros por metro cadrado mensual e 15,01 euros por metro cadrado ao mes, respectivamente.