CRTVG

Buscar

O prezo da pataca en Galicia sobe nun 25% pola falta de stock

Publicado o 04/04/2019 19:31

O prezo da pataca en Galicia sobe nun 25 por cento, a maior suba dos últimos cinco anos. O motivo non é outro que a falta de patacas nos almacéns.

O ano pasado reduciuse a colleita en toda Europa por mor da seca, e aquí en Galicia a produción quedou por debaixo dos 90 millóns de quilos cando normalmente roza os 120. En definitiva, non hai pataca para satisfacer a demanda, e Galicia é a comunidade que mais consome.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019