CRTVG

Buscar

O prezo da luz volve superar os 200 euros por MWh

Publicado o 05/10/2021 09:19

Hoxe volve subir a luz. Subirá 17 euros e volverá superar a barreira dos 200 euros, para situarse no segundo valor máis alto da historia. De media, o megawatt-hora custará 203 euros, pero alcanzará os 256 entre as nove e as dez da noite.

A ministra para a Transición Ecolóxica iniciou unha rolda de contactos cos empresas e asociacións de consumidores para estudar con eles unha posible reforma da tarifa regulada que abarate os prezos. A vicepresidenta Nadia Calviño reclámalle a Bruxelas que dea unha resposta urxente a esta crise.

 

Noticias web

05/10/2021