CRTVG

Buscar

O prezo da luz volve subir hoxe ata os 225,36 euros megawatt hora

Publicado o 25/10/2021 08:23
O prezo da luz volve subir hoxe ata os 225,36 euros megawatt hora

Tras as baixadas da fin de semana, hoxe o prezo da luz no mercado maiorista volve subir. Custará 225,36 euros o megawatt hora, case un 6 % máis ca onte. O tramo máis caro pagarase entre as oito e as nove da noite, e chegará aos 262 euros MWh. O máis barato, entre as catro e as cinco da tarde. Con todo, respecto a hai unha semana, o prezo da electricidade reduciuse en máis de dous euros. 

Noticias web

25/10/2021