CRTVG

Buscar

O prezo da luz sube hoxe un 5% ata os 184,4 euros MWh

Publicado o 11/10/2021 08:16
O prezo da luz sube hoxe un 5% ata os 184,4 euros MWh

O prezo do luz volve subir hoxe un 5 % máis que o domingo. A media queda en 184,4 euros o megawatt hora e retoma a senda alcista tras os descensos da fin de semana. O prezo máis alto producirase entre as oito e as nove da noite e superará os 241 euros. Estamos no segundo luns máis caro dende que hai rexistros. E aínda así, os prezos son lixeiramente inferiores aos da semana pasada. Comparados cos de hai un ano, multiplícanse por máis de seis.

Noticias web

11/10/2021