O prezo da luz sobe un 16 % e supera os 215 euros MWh
O prezo da luz volve subir hoxe un 16 % e superou os 215 euros. O Goberno leva tempo pedindo solucións coordinadas a Bruxelas, que onte presentou o documento coas propostas en sentido contrario ao que agardaba España. A Comisión cre que son os Estados os que deben actuar a curto prazo, baixando impostos, e descarta compras conxuntas de gas. Para a ministra Ribera son propostas incongruentes que non abordan a exepcionalidade da situación.
O Goberno traballa con medidas como as que chegan hoxe ao Congreso e que obrigan ás eléctricas a devolver parte dos seus beneficios. Algúns grupos cren que serán as familias e, sobre todo, a industria, as que acabarán pagando eses recortes.
En principio o decreto sairá adiante co apoio dos grupos de esquerda fronte a Vox e ao PP, que pretenden tumbalo. O Goberno comprométese a precisar o decreto pero cre que as eléctricas deben esforzarse para garantir prezos estables. O recorte dos beneficios para as eléctricas incluído no decreto é unha medida temporal que iría ata o mes de marzo.