O prezo da luz sobe en primavera e apunta aos máximos de xaneiro
Publicado o 20/04/2021 19:38
No que levamos de abril, o prezo da luz supera os 61 euros por megawatt hora, e apunta aos máximos que tocou en xaneiro pola vaga de frío.
O Goberno di seguir "con preocupación" a suba do prezo da electricidade nesta primavera, e considera que obedece a factores de mercado. Apuntan dende o Executivo que isto lles dá a razón na súa aposta polas renovables, que, aseguran, é o que vai permitir baixar os prezos.
No que vai de mes, o recibo da luz é un 40% máis caro ca en abril do ano pasado.