CRTVG

Buscar

O prezo da luz marcará este venres o quinto máximo histórico consecutivo

Publicado o 12/08/2021 13:13

O prezo medio da electricidade no mercado almacenista (pool) situouse para mañá venres, en plena onda de calor, en 117,29 euros megawatt hora (MWh), co que bate unha marca por quinto día consecutivo e supera nun 1,3 % a anterior, fixado para este xoves en 115,83 euros.

Así, o prezo do pool, que en España se usa de referencia para calcular a tarifa regulada á que están suxeitos uns 10 millóns de fogares, supera nun 319,5 %, máis do cuádruplo, aos 36,71 euros/MWh que se pagaron o segundo venres de agosto do ano pasado, segundo datos do operador do mercado ibérico OMIE.

Por franxas horarias, o prezo do pool, no que casa a oferta dos produtores coa demanda prevista por Rede Eléctrica, oscilará entre os 128,54 euros/MWh que custará entre as 22:00 e as 23:00 horas e os 101,52 euros que se pagarán entre as 5:00 e as 6:00 da madrugada.

A ATA denuncia unha suba do 30 % na factura

Dende ATA mostranse moi contundentes. O actual prezo da luz é un escándalo, un lastre para moitos autónomos e pequenas empresas. A suba dos custos enerxéticos están deixando moitos negocios sen marxe de manobra, polo que lle piden ao Goberno que actúe.

Que actúe porque o recibo chega cada mes e porque as medidas adoptadas ata agora, a rebaixa do IVE por exemplo, non é aplicable á maioría de empresas. A factura dos autónomos subiu un 35 por cento de media no mes de xullo. Está por ver o que van recibir en agosto.

Se non hai solucións, a suba podería acabar repercutindo no consumidor.

Noticias web

12/08/2021