CRTVG

Buscar

Descende por segundo día consecutivo o prezo da luz e queda en 134 euros

Publicado o 04/09/2021 13:44
Descende por segundo día consecutivo o prezo da luz e queda en 134 euros
EFE

O prezo medio da electricidade no mercado almacenista (pool) situouse este sábado, 4 de setembro, en 134,89 euros por megawatt hora (MWh), co que este indicador encadea dous días á baixa, tras o máximo histórico fixado o xoves en 140,23 euros MWh.

A pesar desta baixada, o prezo do pool para o sábado, día de menor consumo que un día de diario ao pechar parte da actividade económica, máis que triplica ao que marcou o primeiro sábado de setembro do ano pasado (34,20 euros), segundo datos do operador do mercado OMIE. Ademais, por franxas horarias mesmo chegará a situarse por enriba dos 150 euros. En concreto, entre as 22:00 e as 23:00 horas, o MWh pagarase a 152,27 euros, mentres que a hora máis barata será entre as 17:00 e as 18:00 horas, cando custará 106,3 euros. 

Noticias web

04/09/2021