CRTVG

Buscar

O prezo da luz baixa por terceiro día seguido pero acada o domingo máis caro da historia

Publicado o 04/09/2021 19:51
O prezo da luz baixa por terceiro día seguido pero acada o domingo máis caro da historia

A cotización da enerxía eléctrica no mercado por xunto redúcese nun 4.56 %, ata os 128,7 euros por megawatt a hora de media o domingo. A cotización da luz encadea así tres días consecutivos de descensos despois de marcar o máximo histórico o xoves pasado en 140,38 euros por megawatt a hora.

Malia este respiro, o custo da luz marcará o domingo o prezo mais caro da historia superando os 110,02 euros por megawatt a hora que se alcanzaron o día 15 de agosto.

Desde antes do verán a electricidade está inmersa nunha espiral alcista que crea unha grande alarma social e polémica política.

O preso diario da electricidade que establece o mercado por xunto afecta a uns 10,5 millóns de consumidores, que son os que están acollidos á tarifa regulamentada que marca o prezo voluntario para o pequeno consumidor (PVPC).

Aínda que o prezo máximo está fixado nos 128,7 euros por megawatt, o pico máximo producirase ás 22:00 cando alcance un valor de 155 euros, unha nova cota histórica tras os 152,27 deste sábado á mesma hora. O mínimo sitúase en 104,20 euros MWh para as 13:00.