CRTVG

Buscar

O prezo da luz aumenta en máis dun 30 por cento a factura de negocios e granxas

Publicado o 18/08/2021 14:01

Cafeteira a pleno rendemento, tamén a cociña, dende que levanta o enreixado o contador eléctrico actívase. Horas de consumo ininterrompido, que co prezo ao que vai a luz disparan a factura. 

"Pagaba sobre 400 e acaba de chegar a factura e son case 700", di o hostaleiro Aníbal Javier Romarís.

É un 30 por cento máis do que pagaban hai dous mes. De momento, o cliente non o nota, pero se a escalada continúa, "para o mes que ven ou o seguinte teremos que subir os prezos", engade Romarís.

Sobe a luz, as subministracións e todo isto en plena crise da pandemia.

"Para un negocio pequeno, os gastos dispáranse non sei que vamos facer", di este hostaleiro.

Situación límite tamén nas granxas. Para unha explotación de polos a luz é o 30 por cento dos gastos de produción.

"Aquí todo é eléctrico, todos os mecanismos que vedes son eléctricos", comenta José Castro, produtor avícola.

Aquí tamén traballan todo o día e o consumo eléctrico dispárase máis no verán polo uso dos ventiladores para manter a temperatura. Por iso moitos estudan o cambio as enerxías renovables.

Noticias web

18/08/2021