CRTVG

Buscar

O prezo da electricidade sobe un 67 por cento con respecto a marzo do ano pasado

Publicado o 16/03/2021 16:41

A baixada de ata un 30% na produción de enerxía eólica pola falta de vento e a suba dos prezos do gas no mercado internacional fixeron que o mercado maiorista da luz rexistrara unha suba do 63% na primeira quincena de marzo respecto do que se pagou en febreiro. É decir, as empresas distribuidoras están a pagar 46,41 euros por megawatio fornte os pouco máis de 29 que pagaban hai dúas semanas. O sector do comercio tradicional, un dos máis castigados pola pandemia, teme que esta suba repercuta na factura dos negocios.

"Para quen está defendendo un negocio sería terrible. Porque está subindo todo e non se recada para cubrir impostos e gastos fixos", denuncia Luis Latorre, da asociación de comerciantes de Lugo Monumental. 

En previsión da suba, xa hai colectivos que piden que se baixe o IVE do recibo da luz para evitar un novo golpe no peto dos veciños. Lembran que España ten os impostos máis elevados pola electricidade na Unión Europea cun 27% cando a media da UE está no 15,5%. Por eso reclaman que o estado interveña para regular o impsto e que non se repitan as subas destadas que se deron en xaneiro polos temporais.

"Rebaixa, supresión de mínimos e unha baixada do IVE que podería ser reducida do 10% ou superreducida do 4%", urxe Latorre. 

As organizacións de consumidores reclaman que as facturas sexan o máis axeitadas posible aos consumos para evitar oscilacións que afectan gravemente a familias e negocios.

Noticias web

16/03/2021