CRTVG

Buscar

O prezo da bombona de butano baixa este martes un 5%, ata os 13,86 euros

Publicado o 18/03/2019 19:23

A bombona de butano custará a partir de mañá un 5 % menos. A partir deste martes o seu prezo será de 13,86 euros, 71 céntimos menos que ata o momento. Este é o segundo descenso consecutivo no que vai de ano no prezo do envase que empregan 8 millóns de fogares. O novo prezo estará vixente ata o terceiro martes de maio, cando volverá ser revisado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/03/2019