CRTVG

Buscar

O presunto autor do atropelo en Toledo de Dolores Vargas refuxiábase en Sevilla

Publicado o 27/03/2018 08:38

A policía investiga o atropelo de Dolores Vargas Silva, en Toledo, como un caso de violencia machista e busca a parella da vítima, Salustiano Amador. Despois do crime, o home refuxiouse en Sevilla. Foi ao piso que un parente ten na zona chamada Tres Mil Viviendas canda algúns familiares. Segundo o xornal 'ABC', foxe de represalias por parte da familia da vítima.

Familiares de Dolores informaron que a parella discutiu cando ían no coche, porque o home decidiu dirixirse a Estremadura en vez de a Madrid. El sacou unha navalla, freou bruscamente e ela baixou do coche e botou a correr. Dous familiares que ían con eles aproveitaron para fuxir campo a través. Segundo o xornal, o agresor acelerou e atropelou a muller, colleu o corpo e meteuno no coche. Despois deixouno tirado na autovía.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2018