CRTVG

Buscar

O presunto asasino do crime machista en Lugo pasará mañá ao xulgado

Publicado o 09/02/2020 15:01

Este é o momento en que a Policía Nacional detén a Francisco Javier Belda Fernández, o presunto asasino da súa parella, unha muller de 49 anos. 

Levaban sete ou oito meses saíndo xuntos. Ela estaba divorciada e tiña dous fillos dunha relación anterior. Entre a casa do agresor e a da vítima a penas hai unha distancia de trescentos metros.

Todos os veciños concordan en destacar a bondade desta nova vítima do terrorismo machista.E de novo, a xenreira e a impotencia.Onte á noite a policía aínda recollía indicios no escenario do crime.A muller asasinada será enterrada esta tarde.

O presunto asasino, Francisco Javier Belda, segue na comisaría, onde se lle está tomando declaración a el e a outras testemuñas e onde se practican as dilixencias que ordenaron dende o xulgado instrutor número dous de Lugo.En canto haxa unha declaración oficial, o Concello de lugo ten previsto decretar tres días de loito e convocar unha concentración cun minuto de silencio para rexeitar este novo crime machista.

Noticias web

09/02/2020