CRTVG

Buscar

O presidente estadounidense, Donald Trump, quere comprar Groenlandia

Publicado o 16/08/2019 21:42

Asegúrano varios medios estadounidenses. Donald Trump quere comprar Groenlandia.Segundo a CNN, o presidente norteamericano xa lle encargou ao avogado da Casa Branca un informe sobre a viabilidade da operación. Os motivos de Trump poderían estar relacionados cos recursos naturais da illa ou coa súa importancia xeoestratéxica. Groenlandia é un territorio autónomo dependente de Dinamarca. No país europeo, os políticos tomaron a noticia a broma.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019