CRTVG

Buscar

O presidente en funcións visita as zonas afectadas pola gota fría

Publicado o 16/09/2019 20:13

A alerta pola gota fría, a máis catastrófica dos ultimos 140 anos, está desactivada pero ainda hai moita xente que non pode volver ás súas casas e poboacións sen auga, luz nin teléfono.

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que visitou dúas das zonas máis afectadas, Níjar e Almansa, advertiu que a crise derivada do temporal non rematou.

Sánchez pediulles aos veciños que estean alerta e aseguroulles que o Goberno non vai aforrar recursos para recuperar os territorios anegados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019