CRTVG

Buscar

O presidente dos médicos do fútbol fala do caso Fuenlabrada

Publicado o 14/08/2020 16:22

Recoñece Rafael Ramos que as présas levaron a tomar decisións precipitadas no caso Fuenlabrada. Visto co tempo, entende que o equipo madrileño non debeu viaxar á Coruña.

Para o presidente da asociación de médicos de equipos de fútbol, é moita hora de actualizar os protocolos. Sen ese paso, será difícil comezar as competicións.

Ao doutor Ramos non lle sorprende o alto número de positivos nos equipos destes días.

A segunda onda, sostén, está entre nós. Agora toca xestionala con xeito.

Noticias web

14/08/2020