CRTVG

Buscar

O Zaragoza pídelle ao CSD a suspensión da fase de ascenso a Primeira

Publicado o 08/08/2020 13:35


Tras todo isto xa hai vía libre pra a disputa do playoff de ascenso. Zaragoza, Almería, Xirona e Elxe xogarán pola última praza en primeira división.

Pero no caso do Zaragoza, o club insiste en pedir a finalización da temporada por falta de integridade e risco para a saúde. Así o soliciticou ante o Consello Superior de Deportes. Ademáis, os seus futbolistas non queren facer o confinamento esixido pola Liga.

O presidente do club, Christian Lapetra, respaldou aos seus xogadores."A Liga non é titular dos dereitos laborais dos xogadores, son empregados do Zaragoza. Ampáraos o convenio colectivo, nós trasladamos esa solicitude da Liga de concentrarse e rexeitárona de plano. O cadro negouse, ampáraos a lei, o convenio e tamén os va amparar o club.", explicou o presidente do Zaragoza, Christian Lapetra.

Noticias web

08/08/2020