CRTVG

Buscar

O presidente do Senado nega o plaxio no seu libro

Publicado o 10/09/2019 13:55

Intelectual exemplar e recoñecido, catedrático rigoroso e autor de 34 libros. O equipo de Manuel Cruz sae na súa defensa. E todo por esta noticia. O presidente do Senado tamén plaxiou no seu manual de filosofía. O ABC di que se apropiou de textos de nove filósofos sen citalos na súa obra. O comunicado di que o xornal se refire a coincidencias mínimas entre especialistas nun manual divulgativo para estudantes.

Manuel Cruz, presidente de Senado, di que "o que tiña que dicir xa o dixo o meu equipo nun comunicado. Só quero engadir que vimos aquí a traballar".

Manuel Cruz di que mantén intacto o seu compromiso político e tampouco o Goberno non ve motivos para que dimita.

Nadia Calviño, ministra de Economía en funcións, di que "en política non todo vale. E creo que xa está ben de difamar".

Ciudadanos e o Partido Popular cren que o suposto plaxio do presidente do Senado merece explicacións.

Javier Maroto, voceiro do Grupo Popular no Senado, di que "Cruz ten que dar todas as explicacións para salvar non a súa imaxe, que non nos importa, senón a imaxe do Senado".

Francisco Carrillo, senador de Ciudadanos, di que "son as 16 horas e 50 minutos e aínda estamos esperando as explicacións solventes e oportunas sobre o suposto plaxio do seu libro".

Manuel Cruz considera un ataque a información do ABC e di que non se pode xogar coa honra e o prestixio das persoas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019