CRTVG

Buscar

O presidente do PP, Pablo Casado, di que fará da lingua española a "lingua vehicular"

Publicado o 24/02/2019 21:23

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, dixo hoxe que, se preside o goberno, fará do español a lingua vehicular en todo o Estado. Casado afirmou isto nunha convención sobre convención de cohesión territorial na que tamén apostou por garantir a presenza dos símbolos españois en toda España.

En Toledo, e arroupado polo presidente dos populares de Castela-A Mancha, Casado engadiu que se goberna freará as transferencias de competencias ás autonomías desleais e non só se ensinará o español, senón en español.

Pablo Casado, presidente do Partido Popular: "A lingua española vai ser, cando o goberne o Partido Popular, a lingua vehicular, porque esta é a vella dicotomía na que nos queren meter: se en Cataluña se ensina o español... só faltaba, pero que fan? Ximnasia, laboratorios... Hai que ensinar en español, que é a lingua común".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2019