CRTVG

Buscar

María Chivite será investida presidenta de Navarra este xoves

Publicado o 29/07/2019 19:34

María Chivite será investida presidenta de Navarra este xoves. A candidata socialista conta co apoio de Geroa Bai e Izquierda Ezkerra. Podemos e Bildu están pendentes das súas consultas á militancia pero prevese que faciliten a investidura. 

O presidente do Parlamento foral fixou a data de investidura da socialista María Chivite para este xoves. Se non hai sorpresas, a investidura sairá adiante, o venres, en segunda votación cos apoios de Geroa Bai, Izquierda Ezkerra, Podemos e a abstención de Bildu. Estas dúas últimas formacións están pendentes de realizar consultas á militancia. Os socialistas afirman que non negociaron con Bildu.

A socialista María Chivite superaría así os 20 votos en contra de Navarra Suma integrada por UPN, PP e Ciudadanos, que cualifican a fórmula de indecente.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019