CRTVG

Buscar

Torrent levará ao Tribunal de Estrasburgo o veto á investidura de Puigdemont

Publicado o 13/02/2018 14:53

 

O intento de investir como presidente catalán o fuxido Carles Puigdemont chegará ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Así o anunciou esta mañá o presidente do Parlamento catalán, Roger Torrent.

A Cámara explica que xa prepara a demanda para protexer o dereito do ex-presidente catalán a someterse ao debate de investidura de xeito efectivo. O Parlamento tamén presentou hoxe as alegacións ante o Tribunal Constitucional, para pedirlle que desestime a impugnación presentada polo Goberno central contra a proposta de investidura de Puigdemont.

Insiste en que debe prevalecer o dereito a investir o candidato que decida a maioría da Cámara.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018