CRTVG

Buscar

O presidente do Obradoiro non garante a continuidade de Moncho Fernández

Publicado o 12/05/2021 21:30

Coa permanencia na ACB xa asegurada, o presidente do Obradoiro Raúl López non se atreveu a garantizar a continuidade do adestrador Moncho Fernández.

Raúl López, presidente do Obradoiro: "Cando termine a liga e vexamos as nosas posibilidades económicas temos que reformular non so o tema do adestrador senón de todo o mundo. Moncho é un home de casa e temos que valoralo e poñelo sobre a mesa. Imos construir o mellor posible este club para non estirar máis os pes que a manta, coma sempre foi"

O presidente desvelou que tanto el como outros membros do Consello avalaron persoalmente un crédito para sacar adiante a temporada.

Raúl López: "Tivemos un ano moi duro. Asinamos un crédito de máis de oitocentos mil euros e avalámolo persoalmente"

Intúese que Raúl López, de 71 anos, meditou nalgún momento a súa propia saída.

Raúl López: "Podiades preguntarme a min se eu sigo, se teño forza para seguir. Pois depende, non a calquera prezo"

O presidente aproveitou o acto de patrocionio coa Deputación para agradecer o apoio dos socios no día en que se abriu a posibilidade de que volvan ó Sar a próxima semana no penúltimo partido da temporada.

Noticias web

12/05/2021