CRTVG

Buscar

Bos días

O presidente do Goberno reuniuse coa comunidade española de Bos Aires no marco da súa viaxe á Arxentina

Publicado o 11/04/2018 09:41

O presidente do Goberno reuniuse coa comunidade española de Bos Aires no marco da súa viaxe á Arxentina.

Alí deulles unha mensaxe tranquilizadora sobre a crise de Cataluña e dixo que a situación se vai resolver.

Aquí na Arxentina reside a colonia española máis importante do exterior, cuns 470.000 cidadáns rexistrados, dos que máis da metade son galegos. Por iso, nesta primeira visita oficial do presidente Rajoy ao país non quixo deixar de reunirse con eles e coñecer de primeira mal a súa realidade.

Fíxoo no Club Español de Bos Aires, a escasos metros desta avenida 9 de Julio, unha das principais arterias da cidade.

Na voz de dous galegos a comunidade española agradeulle a Rajoy esta visita que achega aínda máis dúas nacións irmás e autoproclamáronse como os mellores embaixadores da marca España no país suramericano.

Ademais, expresáronlle ao xefe do Goberno o seu desexo dunha pronta solución para a crise catalá e melloras no sistema do voto exterior.

Sobre Cataluña, o presidente mostrouse convencido de que a situación se resolverá e foi claro: os que incumpran a lei xa saben as consecuencias.

"Imos resolver, do mesmo xeito que abordamos a crise económica, o tema de Cataluña, e estou convencido de que o sentido común se vai a impoñer".

Da man do alcalde de Bos Aires, Rajoy recibiu tamén as chaves da cidade, como hóspede ilustre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/04/2018