O presidente do Goberno respóndelle por carta a un rapaz do Burgo que pedía poder saír da casa
Publicado o 23/04/2020 21:01
Un rapaz de dez anos de Culleredo escribiulle unha carta ao presidente do Goberno para pedirlle que deixase saír os nenos de toda España á rúa, aínda que fose durante cinco minutos. Pedro Sánchez respondeulle publicamente: os nenos sairán. Pero tamén en privado. Desde a Moncloa mandáronlle unha carta a Nicolás para agradecerlle a petición.