CRTVG

Buscar

O presidente do Goberno reivindica a diversidade de España no Día da Hispanidade

Publicado o 12/10/2021 20:14

O presidente do Goberno exaltou este 12 de outro a diversidade de España, e chamou a celebrar o compromiso, a cooperación e o multilateralismo que fan dela, di, un país acolledor e aberto.

Tamén a través das redes, o líder da oposición, Pablo Casado, defendeu con orgullo o Día da Hispanidade, máis este ano, remarca, fronte á falsa lenda negra contra a historia de España.

Santiago Abascal, o líder de Vox, referiuse ao día da Hispanidade como a maior obra de irmandade universal, que puxo fin, di no chío, ao xenocidio entre pobos indíxenas, e que trouxo a mestizaxe entre España e América.

Noticias web

12/10/2021