O presidente do estado alemán de Turinxia convoca eleccións tras saír investido cos votos da ultradereita
Publicado o 06/02/2020 20:34

O presidente do estado alemán de Turincia, o liberal Thomas Kemmerich, convoca eleccións un día despois de saír elixido cos votos da ultradereita e do partido de Angela Merkel. A elección de Kemmerich desatou un terremoto político e unha gran protesta social en Alemaña, xa que supoñía a fin do consenso para illar a ultradereita. Todos os partidos, a nivel nacional, se mobilizaron para reverter a situación, e Kemmerich viuse obrigado a renunciar. Foi o mandato máis breve dun presidente rexional.