O presidente do Celta considera que a situación deportiva está reconducida pero está disposto a fichar
Carlos Mouriño presidiu unha asemblea tranquila, aínda co Celta en descenso. Cre que a situación deportiva está reconducida: "Estiven moi preocupado pero agora temos unha actitude máis activa e estou máis tranquilo", recoñeceu o presidente.
Se Óscar García ten peticións para o mercado de inverno, o Celta ten cartos para fichar: "Trataremos de compracelo. Temos solvencia para facer cousas que outros non poden"
Exercer a opción de compra por Olaza, por exemplo, que ten o visto e prace do presidente. En cambio hai outros proxectos que terán que agardar porque Mouriño ten ideas ambiciosas."A nosa idea non é ter un equipo feminino que compita senón unha canteira de fútbol feminino"
Un problema latente para o Celta é a causa aberta contra Santi Mina, que podería ir a xuízo por presunta agresión sexual: "Se a sentenza non é do noso agrado tomaremos medidas", asegurou o presidente do Celta.