CRTVG

Buscar

O presidente de Venezuela anuncia unha medicina que anula a covid-19

Publicado o 26/10/2020 08:28

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, anuncia que Venezuela logrou unha medicina que anula totalmente o coronavirus. Dixo que se trata dunha molécula, chamada TR-10, que non ocasiona toxicidade nin efectos secundarios.

"Venezuela conseguiu unha medicina que anula ao cen por cento o coronavirus. En consecuencia certificouse este estudo por parte dos expertos, dos científicos con todas as probas e vaise proceder nos próximos días a construír a ruta para, a través da OMS, ratificar os resultados obtidos polo IVIC (Instituto Venezolando de Investigacións Científicas)".

Noticias web

26/10/2020