CRTVG

Buscar

O presidente de Portugal fai unha chamada urxente ao voto

Publicado o 06/10/2019 11:54

O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, enviou un discurso aos cidadáns portugueses na xornada de reflexión para que voten nas eleccións lexislativas deste domingo, á vista dos "desafíos de peso" que terá que enfrontar o futuro Goberno.

O xefe de Estado dixo que o futuro executivo terá que asegurar "mellor educación e mellor saúde, garantir a seguridade social para un futuro máis próspero e preparar os rapaces na ciencia e na tecnoloxía que moldearán o futuro".

O primeiro ministro António Costa votou pouco antes do mediodía.

Noticias web

06/10/2019