CRTVG

Buscar

O presidente de Panamá, Laurentino Cortizo, promete loita frontal contra a corrupción

Publicado o 11/05/2019 17:12

O opositor socialdemócrata Laurentino Cortizo foi proclamado presidente electo de Panamá para o período 2019-2024 pola xunta nacional de escrutinio e asumirá o cargo o próximo un de xullo.

Ao recibir as súas credenciais, Cortizo prometeu que librará unha loita frontal contra a corrupción no seu país. O novo mandatario centroamericano, de 66 anos, obtivo un 33,35 por cento dos votos e dixo que é "o reto máis grande da miña vida, estou listo e preparado" e que se van administrar os recursos públicos con estrita transparencia, para resaltar que non vai tolerar a corrupción.
 

Noticias web

11/05/2019