CRTVG

Buscar

O presidente das Filipinas anima a matar bispos

Publicado o 06/12/2018 21:37

O presidente das Filipinas, Rodrigo Duterte, arremeteu de novo contra os bispos católicos. Nun acto na capital do país, en Manila, dixo que a Igrexa é a institución máis hipócrita do mundo e ata cualificou os obispos de bastardos e animou a poboación a matalos. O 85% dos filipinos profesan o catolicismo. A Conferencia de Obispos Católicos do país desbotou facer declaracións para non darlle máis importancia ao asunto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018