CRTVG

Buscar

O presidente de Ence defende que é segura

Publicado o 26/03/2021 14:23

Ence vai seguir defendendo a súa concesión para manterse en Pontevedra. Así o comunicou o presidente da empresa na xunta de accionistas celebrada esta mañá. Ignacio de Colmenares tamén insistiu en que se trata dunha planta completamente segura que supera os estándares medioambientais esixidos.

Ao tempo que se celebaraba esa xunta, os traballadores concentrábanse diante da Deputación de Pontevedra en defensa dos seus postos de traballo.

Noticias web

26/03/2021