CRTVG

Buscar

O presidente de Cuba recoñeceu que o país sofre unha crise de combustible

Publicado o 12/09/2019 08:40
O presidente de Cuba recoñeceu que o país sofre unha crise de combustible

O presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, recoñeceu que existe unha crise de combustible que está a afectar a vida diaria da poboación, aínda que asegurou que o país non pasa por un segundo "período especial" como o dos anos 90.

Díaz-Canel explicou que se trata principalmente dunha situación de escaseza de combustible diésel, necesario para a inmensa maioría dos vehículos que circulan no país -incluída a frota de transporte público- e para a produción enerxética, aínda que anunciou que esta última está asegurada.

"Non estamos en período especial", remarcou, con todo, en referencia á intensa crise económica que azoutou Cuba na década de 1990 e cuxos efectos foron, entre outros, o bloqueo do transporte e constantes apagamentos pola falta de combustible.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí