CRTVG

Buscar

O presidente de Cuba recibe os reis de España nunha visita histórica

Publicado o 12/11/2019 20:36

Os reis de España foron recibidos polo presidente de Cuba, Miguel Díaz-Canel, na primeira xornada dunha visita histórica. Nunca antes un monarca español fixera unha viaxe de Estado á illa. Enmárcase nos actos conmemorativos do V centenario da fundación da Habana e ten por obxectivo normalizar as relacións bilaterais entre os dous países.

Antes da recepción no Pazo da Revolución, os reis fixeron unha ofrenda floral no monumento ao heroe nacional José Martí. Na Habana manterán contactos coa colonia española e con empresarios que teñen intereses na illa. Tamén viaxarán a Santiago de Cuba.

Noticias web

12/11/2019