CRTVG

Buscar

O presidente de Ciudadanos asegurou que ten un "plan para gobernar España"

Publicado o 07/10/2018 14:56

O presidente de Ciudadanos, asegurou que ten un "plan para gobernar España" que pasa por conxurar a todos os constitucionalistas co obxectivo de combater o nacionalismo en Cataluña e devolver España aos españois.

O presidente de Ciudadanos participou na concentración convocada baixo o lema "Non á violencia, si á Constitución" pola plataforma España Ciudadana, que se celebrou na praza Sant Jaume de Barcelona e que reuniu 1.000 manifestantes, segundo a Garda Urbana.

Rivera insistiu en aplicar o artigo 155 tras una semana, dixo, "negra de violencia" en Cataluña un ano despois do 1-O. E acusou ao goberno de consentir "un golpe separatista continuado".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2018