O presidente das Palmas asegura que retomará a liga con público no estadio de Gran Canaria
Publicado o 01/06/2020 21:19
Miguel Ángel Ramírez di que está a negociar co Goberno canario e preparando o protocolo que lle esixe a Liga
Miguel Ángel Ramírez, presidente da U. D. As Palmas: "Falamos coa LFP e negociei co goberbo de Canarias a posibilidade de abir o estadio para os nosos afeccionados e así ser os primeiros do mundo onde ver un partido profesional desde a bancada. A Liga esixiunos uns protocolos que estamos a deseñar e unha vez que se nos dea a autorización, que non vai ter problema, anunciarémoslles aos nosos afeccionados que van poder animar a U. D. As Palmas no primeiro partido contra o Xirona".